Infoactive é unha aplicación centrada na producción de contido informativo gráfico. Emprégase online tras darse de alta no servidor cun correo electrónico e un contrasinal.
Permite a elaboración de gráficos, mapas e outro tipo de figuras, mais non é posible nin configuralas nin mudar determinados datos imprescindibles. Outro factor en contra atopámolo á hora de subir contidos propios dende a memoria do noso PC. Infoactive non dá permiso para empregar os teus propios arquivos. Só podemos facer acopio de documentos en Google Drive, tamén denominada "a nube".
As ligazón con redes sociais deixa bastante que desexar. As conexións con Twitter, Facebook ou Linkedin son inexistentes. Desta forma, partillar a nosa creación é tarefa imposible na versión gratuita -mesmamente, eu tiven que facer pantallazo-.
A versión gratuita ten poucas posibilidades, aínda que sempre é útil para practicar habilidades nos comezos. A versión de pago ascende ás 30 libras mensuais.

Comentarios
8/10
7/10
La versión gratuita de la app no parece tener demasiada utilidad en comparación a otras apps con una funcionalidad similar.
Explicación extensa, pero en la que al menos informa que hay dos versiones una gratuita y otra de pago...