Análise dos infográficos do Faro de Vigo

http://mas.farodevigo.es/canales/graficos/916/el-descarrilamiento-de-santiago-paso-a-paso.html

El descarrilamiento de Santiago, paso a paso

 (Sucesos) - Simón Espinosa

26/07/2013, Los maquinistas aseguran que un sistema de seguridad moderno  podría evitar el siniestro. El tramo no dispone del sistema ERTMS, específico  para alta velocidad. Adif asegura que la curva de Angrois es una "zona de  transición" dotada con señales verticales de velocidad


Este infográfico conta cun título descriptivo. Aparece firmado e con data. No Lid complétase a información co que poderiamos considerar diferentes titulares do suceso.Non se ven os datos porque é un infográfico cronolóxico

Visualización: Xeográfica e temporal. Ubícanos en que lugar se produxo o  sinistro e logo como foi a evolución e o que se cre que debeu pasar a cada momento. Primeiro contextualiza a zona e logo explica o que foi pasando nos  puntos claves do accidente.

Non se utilizan fontes

Sigue unha estrutura temporal, que segue o curso natural dos acontecementos cos momentos clave previos ao accidente. 

Non é interactivo, é unha infografía pensada para saír na versión en papel

Conclusión: A infografía explica os momentos principais do acontecemento.   A ilustración mostra de forma sinxela e real o que vai acontecendo e vaise  explicando de forma detallada o que está a acontecer. Parécenos un infográfico que axuda a entender dunha forma clara e sinxela o que foi acontecendo, aínda que se debería localizar xeograficamente onde é o sinistro dentro do mapa de Santiago, para aqueles lectores que non saiban onde queda a zona.


Titulo: Red de Alta Velocidad Ferroviaria

29/07/2013, Solo China tiene una enfraestructura de alta velocidad más extensa, aunque su territorio es 20 veces superiro y cuenta con una población  27 veces más que la española. En kilómetros de VE por habitante, ningún país del mundo se acerca siquiera al ratio español

É un título explicativo que informa sobre como é a rede de alta velocidade  ferroviaria en España. Na entradilla compárase con China (e outra vez máis no infográfico) para dar a entender a sobreabundancia de km de alta velocidade ferroviaria no noso país.

Os datos amosan a inversión na construcción da rede desde o ano 1992.  Canto custa cada km e cada tren. A facturación realizada no ano 2012 e a  comparación da velocidade comercial media con Xapón e China. Nun espazo demasiado pequeno amósase moita e distinta información.

Por outra banda podemos ver os datos dentro da Comunidade de Galicia, onde se atopan os km de alta velocidade na nosa comunidade (reflexados nun mapa) e como se repartíu esa inversión dentro da comunidade. Todos os datos aparecen explicando a imaxe que conforma cada infográfico.

Todos os datos aparecen reflexados de forma clara e simple,  con gráficos comparativos ou explicativos

Non se citan as fontes

O infográfico vai do nacional ata centrarse na  alta velocidade en Galicia. O xeral está ben estruturado, pero cremos que tran un accidente ferroviario é máis interesante explicar en cantos km de alta  velocidade existen sistemas de freado ou de seguridade que amosar cantos km de alta velocidade hai en España e se son rentables ou non, incluso comparándoa co resto de países. Debido a que iso, a falta dun sistema de seguridade mellor nese punto exacto do accidente foi o que provocou o acontecemento.

Para o que quere informar o infográfico, está ben organizado. Amósase de forma clara os datos que se expoñen.

Entre todos chégase á conclusión de que a rede de alta velocidade en España non deixa de crecer e aínda que xera beneficios o gráfico da a entender que a rede de alta velocidade é demasiado extensa e non demasiado segura, xa que nunha esquina do gráfico explícanse os dous sistemas principais de seguridade de forma breve e sen que apareza reflectido en ningún mapa ou gráfico, cantos km de alta velocidade dispoñen desos sistemas.


Título: “Accidente ferroviario en Santiago de Compostela”. 

Trátase dun título moi xeral, descriptivo que inclúe os dous infográficos que se recollen. Hai que ter en conta que se trata do primeiro que se publicou despois da traxedia.


No primeiro infográfico récollense datos cuantitativos (o número de pasaxeiros que ían no tren, ben en preferente ou en turista) e cualitativos, cun mapa que mostra o lugar do accidente e os primeiros datos que hai sobre este. Ademais faise unha mención nas características básicas do percorrido e o tren que o fai, acompañado por unha representación do ferrocarril. No segundo infográfico móstrase nun mapa o percorrido do tren, así como a hora de saída e as horas previstas de chegada. Inclúese tamén unha imaxe do tren siniestrado para completar a información. 

Nos dous infográficos presentan os datos do percorrido do tren a través de mapas, acompañados de chamadas que inclúen datos sobre o ocorrido nese lugar específico (hora de saída, lugar do accidente, hora prevista de chegada, etc). Por outra banda, para representar o número de pasaxeiros do tren emprégase unha representación destes a través de monigotes de cores, según a clase na que viaxaban os pasaxeiros/monigotes. Esta representación está incluída nun cadro con información xeral das características do tren.



Estruturan a información en dous infográficos, un centrándose nos datos relativos ás características do tren e os seus pasaxeiros, así como o lugar onde se produciu; podemos considerar que primeiro trata os datos que axudan a entender a magnitude do accidente.No segundo infográfico, mostra o percorrido do tren, acompañado dunha imaxe do tren siniestrado, con moita menos información que no primeiro caso. 


A única fonte citada é a fotografía dos vagóns do tren siniestrado de Óscar Corral. 



O primeiro dos infográficos funciona moi ben, pois aporta os datos esenciais do accidente,o básico para facerse unha composición de lugar. No caso do seu infográfico, aínda que ten menos información funciona ben para coñecer o percorrido e aínda que a inclusión da imaxe do tren siniestrado podería parecer algo gratutíta, tamén aporta e dalle independencia ao infográfico pois permite coñecer exactamente o estado no que quedou o tren sen ver unha fotografía ou ler o texto da noticia. 

Na edición dixital só aparecen as reproducións dos infográficos que foron impresos. 


Debemos sinalar que estes son os tres primeiros infográficos que apareceron no Faro de Vigo respecto este tema pero non os últimos. O día 29 de xullo publicouse un sobre a “red de alta velocidad ferroviaria” e o día 30, dous infográficos tamén relacionados co accidente, “Cuadro de mandos del Alvia S-730” e “La caja negra del tren de Santiago”.

Maruxa Bragado
Javier Millos

Comentarios