Sideburns, 1977
Buscando exemplos de infografías e xornalismo de datos, varios blogs non deixaban de levarme a sección de Media do The Guardian. Nesta hai dende exemplos de noticias que empregan infográficos e información de datos ata consellos de como facer xornalismo de datos, como é o caso do artigo: Data journalism at the Guardian: what is it and how do we do it?
O meu favorito é un do editor de datos de Twitter, Simon Rogers, "Anyone can do it. Data journalism is the new punk". Neste, ademais de facer referencia ferramentas que se poden empregar para o xornalismo de datos e a visualización, partindo dun diagrama de 1977, fai tamén unha reflexión sobre relación do xornalismo de datos e os infográficos que creo pode ser interesante para debatir.
"Sexamos claros- o xornalismo de datos non ten que traducirse necesariamente por infografía. Non se trata de elaborar gráficos, pero os resultados do xornalismo de datos tenden a prestarse moi ben para esta. Ás veces unha historia cóntase mellor a través de infográficos, outras mellor con palabras e historias. É o último en formatos flexibles".
And, just to be clear - data journalism doesn't have to mean data visualisation. It is not about producing charts or intricate graphics - the results of data journalism just happen to lend themselves to that. Sometimes a story is best told in images and infographics, other times it works as words and stories. It's the ultimate in flexible formats.
María Bragado Paz
Comentarios