Do Watergate aos nosos días: evolución dos modelos xornalísticos

  O xornalismo de investigación é considerado o modelo de profundización por excelencia da profesión, a parte aventureira e "cinematográfica" do duro traballo do xornalista. Dende que Bob Woodward e Carl Bernstein desmantelaran o escándalo do Watergate, provocando a dimisión de Richard Nixon, esta metodoloxía arriscada pero á vez gratificante para o profesional e para a opinión pública ten axudado a mellorar o funcionamento das democracias contemporáneas. Pero a pesar da importancia desta forma de facer xornalismo, outras metodoloxías abríronse paso con forza ata os nosos días.

 En 1965, o xornalista Phillip Meyer bautizaba o que coñecemos como xornalismo de precisión, precedente do xornalismo de datos. Meyer tratou a información dos disturbios raciais na cidade de Detroit neses anos dándolle especial importancia á aplicación da estatística e dos datos, á interpretación das cifras; desta forma demostrou que a verdade está agochada en fluxos de información que xa existen, pero que teñen que ser interpretados. Pois ben, o xornalismo de datos combina o que sabemos do xornalismo de precisión coas metodoloxías de traballo asociadas aos novos soportes e ao contexto dos Big Data, en especial auxe dende a aparición da nube en 2010. Por este novo contexto, o xornalismo de datos non se entende sen a colaboración e a interacción cos públicos, ou incluso sen a innovación que a web 2.0 permite nos xéneros xornalísticos.

  A metodoloxía de traballo para o xornalismo de dato está baseado no modelo da pirámide invertida a partir dos seguintes conceptos:

  1. Compile: o xornalismo de datos comeza de dúas formas, ou existen unha serie de cuestións que precisan de datos ou atopamos un conxunto de datos que precisan dunha pregunta.
  2. Clean: consiste na eliminación dos erros humanos para convertir os datos que se están a utilizar en formatos que sexan consistentes co resto de datos que se están a utilizar.
  3. Context: os datos, ademáis de contar historias, teñen a súa propia, e uns obxectivos; todo isto ten que ser contrastado para evitar a información interesada, manipulada ou "cociñada".
  4. Combine: a combinación dos datos fai posible a extracción de novas visións da información ou a ampliación da mesma.
            ↓        
             5. COMUNICAR: unha das claves do Big Data é a importancia dos aspectos de visualización, como conseguir que o público poida formar un contexto a través de moitos datos. Comunicar implica entón narrar, socializar, humanizar, personalizar e utilizar.



 A pesar das diferencias nas metodoloxías, grazas aos xornalistas implicados, que levan á praxe a profesionalidade, é posible acceder á verdade de feitos que permanecen ocultos debido á existencia de intereses vinculados ao silencio informativo. Longa vida ao bo xornalismo.


Fontes
-MAYER, Victor; "La revolución de los datos masivos"
-GRAY, Jonathan; "The Data Journalism Handbook".
-Qué es el Big Data (Manual básico).
-http://estudiantes.elpais.com/
-http://tejiendo-redes.com/

Comentarios