ATENCIÓN:Por un problema no editor cando abrades a infografía PREMEDE NA ESQUINA INFERIOR ESQUERDA PARA VER EN 3D E SEGUIDAMENTE NA ESQUINA INFERIOR DEREITA "SPACING" - "STORY SPACING" E POÑER "EQUAL SPACING 2". Isto é para unha correcta visualización do mesmo tal e como concebín a propia infografía. Grazas
A cuestión é que polo 50 aniversario dos Beatles decidín crear unha infografía na que puidesemos ver a traxectoria dunha das bandas máis influíntes na historia da música. Un fenómeno único que quixen plasmar nunha liña do tempo, abarcando todas as gravacións da banda, a súa información e os temas que inclúen que poderemos escoitar clicando nas portadas.
Logo de 50 anos os Beatles seguen vivos e (agardemos) perdurarán na memoria da eternidade musical. Desfrutade!
Comentarios
en please please: "a primeira evidencia do que a Rolling Stone chamou posteriormente "[a súa invención da] idea da banda..." que chamou a revista, debe faltar algo?
e por que sempre ese datos da publicación en Estados Unidos?
sí é un pouco difícil navegar pola liña do tempo.
O dos vídeos é boa idea, pero algúns non funcionan polo famoso copyright
8,5/10
9/10
9/10
9/10