Clube Debate Compostela (CDC)

A miña infografía sobre o Clube Debate Compostela (CDC). Unha asociación fóra a Universidade pero, á vez, moi vencellada a esta. A ferramenta empregada: Piktochart

Comentarios

Daniel Viña ha dicho que…
É unha infografía atractiva pola iconografía, pero boto en falta algúns datos. Por exemplo, se a USC só aporta o 3,9%, ¿quen aporta o resto e de que maneira? 7/10.
Anónimo ha dicho que…
interesante, pero faltan as fontes, e eu engadiría algo de contexto, uns brevísimos datos sobre a súa historia. e a financiación e os gastos son 2 cousas distintas, e as cifras que se presentan non contan como se poden afrontar os gastos.
Ángel A. Vizoso ha dicho que…
Coincido cos dous comentarios anteriores en que faltan as fontes e tamén a procedencia do resto de diñeiro (se se sabe). Polo demais, moi ben representada 8/10
Unknown ha dicho que…
Eu tamén quedei coa intriga de saber quen aporta os cartos que faltan! Pero creo que o infográfico é moi claro e que está moi ben presentado
8/10
Unknown ha dicho que…
Bo traballo, chama a atención e fai un repaso xeral ao funcionamento do club. As fontes! 8/10
Virxinia Martinez ha dicho que…
Paréceme un bo traballo! poderíase mostrar aos estudantes que están pensando se facerse socios pola súa claridade! 8,5/10
Mario Prado ha dicho que…
Boa presentación da información, pero como xa sinalaron anteriormente faltaría explicar un pouco máis de onde proceden os cartos porque nos quedamos con esa dúbida. 8/10
Alba ha dicho que…
Atractiva e informativa.
Boto en falta as fontes, coñecéndoche sei que tés acceso a elas, pero estaría ben que o deixaras claro nalgún lado!
8'5/10
Uxía Estévez ha dicho que…
O deseño está moi coidado e aportas datos ben interesantes, coma a porcentaxe ded que rama de estudos realizan os socios. Só boto en falta as fontes.

9/10
Anónimo ha dicho que…
Revisadas as valoracións definitivamente. Grazas