Infográfico Violencia de Xénero

Con motivo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero fixen este infográfico cos datos publicados polo Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade no que se poden observar as fatídicas cifras desta lacra que afecta a nosa sociedade.



(Para ver en grande premer no hipervínculo que aparece no texto do primeiro parágrafo e facer click na lupa)

Mario Prado Álvarez.

Comentarios

Anónimo ha dicho que…
non sei porque non se pode pulsar nos anos, así sería máis accesible e se evitaría a repetición ou buscar un tipo de gráfico que resolvera dun golpe de vista os distintos periodos.
e ao mellor os mapas poderíanse unificar e os 3 anos representalos en cada CCAA.
son datos interesantes, aínda que falta a fonte.
Ángel A. Vizoso ha dicho que…
Datos moi interesantes pero igual deberías seleccionar os máis relevantes porque se fai moi longa cara abaixo. 8/10
Mario Nespereira ha dicho que…
Nótase que está moi traballada. Contén moita información e de utilidade. Tanta, que incluso eliminaría algún pequeno apartado, para que non se fixera tan extensa.

8/10
Unknown ha dicho que…
Coincido co que che din os compañeiros, pero aínda así creo que para ser tan longo garda moi ben a coherencia utilizando sempre as mesmas cores. Gustáronme sobre todo os mapas!

8'5/10
Unknown ha dicho que…
Eu tamén coincido en que quizais é demasiada información, tamén daríalle unha volta ao título. En xeral, creo que é un bo traballo e gústame que se traten temas como este. 8,5/10
Virxinia Martinez ha dicho que…
Na miña opinión é un bo traballo! Das a coñecer datos moi interesantes. 8,5/10
Alba ha dicho que…
Faise algo longa, pero fixeches ben pois hai moitísima información sobre o tema e plasmáchela toda moi ben. 8/10
Uxía Estévez ha dicho que…
Noraboa, trátase dunha boa infografía e notase que hai bastante traballo detrás. Quizais deixando os datos máis relevantes se faría máis sinxela e levaría menos tempo lela. Pero para quen dispoña duns minutos, resulta ben completa.

8/10
Anónimo ha dicho que…
Revisadas as valoracións definitivamente. Grazas.