Elaborei, con Infogr.am, unha infongrafía sobre o Aeroporto de Lavacolla (ScQ). Podemos ver unha comparación entre Lavacolla e os demais aeroportos de Galicia, Alvedro e Peinador, asi como os datos de tráfico de mercancías e os destinos máis empregados polos usuarios da terminal compostelá. Por se é de interese, Lavacolla acadou o pasado mes de setembro a cifra récord de pasaxeiros de voos internacionais a falta de catro meses para rematar 2014. Os datos foron importados da sección de Estatística de Aena.
Comentarios
Chegadas, saídas e mercadurías, orixe dos pasaxeiros, sinxelamente e a continuación os datos, e centraríame en Lavacolla, que é o título e logo establecería as diferenzas entre aeroportos.
Os datos creo que están moi ben escollidos e sobre todo a evolución do número de pasaxeiros, paréceme unha infografía moi interesante. Hai unha liña de lectura clara e aínda que os datos son moi variados soupeche gardar moi ben a coherencia
8'5/10
O emprego dos gráficos e das iconas é xenial!
8/10
8/10