Madrid en 7 alcaldes

Velaquí a miña infografía sobre Madrid. Desta vez, no canto de centrar tanto o foco en Ana Botella, decidín facer un repaso dos alcaldes da cidade dende a democracia. A ferramenta que empreguei foi Adobe Illustrator e tentei simular as estrelas da bandeira morada de Madrid para dispoñer aos rexidores.

Comentarios

Daniel Viña ha dicho que…
Gústame pola súa claridade. O peso recae nas imaxes e os textos son concisos, só coa información imprescindible. O único que se podería cambiar sería a distribución dos elementos: persoalmente resúltame estraño que na esquina superior esquerda estea o número tres e non o primeiro. 8/10.
Ángel A. Vizoso ha dicho que…
Coincido con Dani en que despista a colocación dos números na primeira columna. Con todo, moi concisa e clara. 8/10
Anónimo ha dicho que…
síntoo, pero non entendo 7 alcaldes e 7 candidatos? e nos candidatos engadiría partido, e ao mellor habería que explicar algo sobre 2 imaxes do PP.
Unknown ha dicho que…
Gústame a idea pero eu proporíache utilizar un formato máis vertical para poder dar máis aire ás imaxes e textos. Igual queda un pouco apretado o centro e non queda espazo para poñer o partido dos candidatos ou explicar algún dato máis.

8/10
Unknown ha dicho que…
Coincido cos meus compañeiros en que cambiaría a orde dos números. Aínda así, paréceme unha infografía clara que permite ver o pasado-presente-futuro da alcaldía de Madrid. 8/10
Mario Prado ha dicho que…
Orixinal idea e representación da información, aínda que a numeración podería ser máis clara na miña opinión. 8/10
Virxinia Martinez ha dicho que…
É unha infografía clara que presenta os datos necesarios! Nótase o traballo que hai detrás, xa que está feita con Illustrator! 9/10
Alba ha dicho que…
Deseño moi orixinal, moi boa escolla dos elementos e das cores. Síntese de información: chapeau! 9/10
Uxía Estévez ha dicho que…
Unha boa e orixinal representación, ainda que cambiaría a orde das estrelas.

9/10
Anónimo ha dicho que…
Revisadas as valoracións definitivamente. Grazas