Comparto a infografía que realicei para a clase de Novos Soportes e Arquitectura da Información. A tarefa era reflictir unha realidade da cidade de Santiago de Compostela.
A min pareceume interesante voltar aos datos do IGE sobre a sociedade da información (sobre os cales realizara xa unha infografía centrada no emprego de internet polos galegos), centrándome desta vez na cidade compostelá, e engadindo información de relevancia, coma o número de cafeterías e bares con acceso wifi gratuíto, por exemplo.
Aconsello, coma sempre, acceder á visualización dende Piktochart, desta vez especialmente, xa que dentro da infografía engadín un link que vos amosaría o nome das cafeterías e a súa localización exacta, que dende a visualización "plana" non vos deixa ver.

Comentarios
ao mellor necesitamos saber o número de fogares que hai, para saber si están ou non en liña
como xa no título está compostela, quizais mellor
Persoas ou usuarios ou internautas que empregaron a rede-internet de agosto-outubro do ano (hai que fixar a data)
e ao mellor tamén habería que introducir a poboación, aínda que cos porcentaxes xa nos damos conta de que é importante.
O uso do mapa está ben pero non vemos exactamente onde están. Coas cifras na zona nova e antiga xa resolveríamos a situación.
e ao mellor cidadás que efectuaron trámites coa administración, porque cales serían esos organismos, ademais a lenda ten máis opcións, non é o mesmo facer trámites realmente que baixar un formulario.
xa me comentas. grazas
9/10
8'5/10