¿Cantas localidades sen poboación hai en cada concello de Galicia? Neste mapa que elaborei en CartoDB poderedes sabelo.
Por algunha razón non me deixa inserir o mapa directamente no blog, polo que vos deixo o enlace á páxina onde poderede velo.
Comentarios
Anónimo ha dicho que…
É unha boa idea e ben traballada e coidada. O único faltaría o ano ao que corresponden os datos, e quizaís a división entre provincias e que na lenda apareceran os datos numéricos de cada intervalo de cor, pois só aparece o mínimo e máximo. grazas
Engadín no mapa o ano do que proceden os datos. Con respecto aos outros aspectos: -As etiquetas da lenda non as podo modificar, a ferramenta só deixa colocar unha á dereita e outra á esquerda. -A división por provincias tamén quería incluíla, pero non atopei un mapa que me permitira facelo, polo que decidín deixalo así, xa que non me parecía o máis importante da mensaxe que quería transmitir, que está centrado nos concellos e na visión global da comunidade galega.
A información está moi clara e ademáis sei que ten moito traballo detrás! Utilicei o mesmo servizo para facer unha infografía e a verdade é que non é tan sinxelo como parece.
Quizáis eu intentaría contrapoñer estes datos con outros, por exemplo facer un mapa coa mesma información pero de fai anos para ver como é a evolución. Creo que sería bastante chamativo e complementaría a información.
De todas formas, repito que creo que está moi ben o que fixeche! 8'5/10
Orixinal traballo e presentación dos datos. Sen dúbida unha ferramenta moi válida para este tipo de traballos, que permite mostrar un importante volume de informació de forma clara e concisa. 8,5/10
Non coñecía esta ferramenta, paréceme moi útil. Dunha simple ollada o lector xa pode facerse unha idea de como anda o panorama en xeral, e que se poida ir por todos e cada un dos concellos a un simple click tamén resulta moi cómodo. Únicamente botaría en falta unha comparativa, como apunta Lucía, respecto de anos anteriores. De todos xeitos, tal como está trátase dunha infografía que funciona perfectamente. Parabéns!
Moi bo traballo que pode ademáis ser de moita utilidade. Quizais si que estaría ben que engadises máis datos pero creo que cumpre a súa función. 8,5/10
Comentarios
O único faltaría o ano ao que corresponden os datos, e quizaís a división entre provincias e que na lenda apareceran os datos numéricos de cada intervalo de cor, pois só aparece o mínimo e máximo.
grazas
-As etiquetas da lenda non as podo modificar, a ferramenta só deixa colocar unha á dereita e outra á esquerda.
-A división por provincias tamén quería incluíla, pero non atopei un mapa que me permitira facelo, polo que decidín deixalo así, xa que non me parecía o máis importante da mensaxe que quería transmitir, que está centrado nos concellos e na visión global da comunidade galega.
9,5/10
Quizáis eu intentaría contrapoñer estes datos con outros, por exemplo facer un mapa coa mesma información pero de fai anos para ver como é a evolución. Creo que sería bastante chamativo e complementaría a información.
De todas formas, repito que creo que está moi ben o que fixeche! 8'5/10
Dunha simple ollada o lector xa pode facerse unha idea de como anda o panorama en xeral, e que se poida ir por todos e cada un dos concellos a un simple click tamén resulta moi cómodo. Únicamente botaría en falta unha comparativa, como apunta Lucía, respecto de anos anteriores. De todos xeitos, tal como está trátase dunha infografía que funciona perfectamente. Parabéns!
9'5/10
Moi elaborada e vistosa, percíbense os datos da primeira ollada.
9/10