Infografía Balón de Ouro 2014

Fai escasas datas a FIFA daba a coñecer os tres finalistas para o Balón de Ouro 2014 que premia ao mellor futbolista deste ano, e que se entregará o próximo día 12 de xaneiro nunha gala que terá lugar no Pazo de Congresos de Zúrich (Suiza). Con este motivo elaborei a seguinte infografía na que se presentan aos tres candidatos ao trofeo, xunto cos seus méritos e títulos conseguidos por cada un durante o ano 2014.

Deixo aquí un link á imaxe completa en tamaño grande.

E tamén unha pequena previsualización da infografía:


Comentarios

Unknown ha dicho que…
É unha pena que o programa non deixe achegarse máis para ler mellor! De todas formas creo que a presentación é moi orixinal, sobre todo poñer os trofeos, cos que aforras texto e se fai máis visual

8'5/10
Mario Prado ha dicho que…
A través do enlace que deixei pódese ampliar a imaxe ;) Gracias polo comentario!
Uxía Estévez ha dicho que…
Dende logo, chama a atención. Quizáis eu situaría "Candidatos '1" arriba, porque queda un pouco agochado xunto aos trofeos, e básicamente é do que se trata a infografía, de presentarnos aos candidatos. Xa que pos as fotos dos trofeos, quizáis poderías ter posto debaixo de cada un cal é, e así aforrabas algo de texto arriba.

8/10
Alba ha dicho que…
Está moi ben feita! A montaxe é xenial, e a escolla dos elementos outro tanto.
A información básica moi ben exposta.

8/10
Unknown ha dicho que…
Bo traballo. Eu quizáis deixaría outro espazo para o título porque se funde co trofeo de Messi e tamén outro tipo de letra, pero esto último xa é persoal. O texto explica bastante ben o palmarés/traxectoria de cada un dos tres xogadores e dis que é elaboración propia. 8/10
Antón M. Dubra Todò ha dicho que…
Bo tratamento das imaxes ainda que semella un pelín apelotonado quizáis. Ou igual é que estou picado porque Cristiano gañou outra vez...haha
8/10
Anónimo ha dicho que…
son incapaz de visualizar o traballo en grande, aínda que o descargue no meu ordenador. Só puden ver o primeiro pantallazo no que aparece por segunda vez a opción escenario como imaxe de presentación.
Anónimo ha dicho que…
Revisadas as valoracións definitivamente. Grazas.