Os outros transportes en Santiago de Compostela

Comparto por aquí a infografía que fixen sobre o uso dos diferentes medios de transporte nos concellos limítrofes de Santiago de Compostela.

Comentarios

Daniel Viña ha dicho que…
Interesante, pero tal vez se podería escoller outro tipo de gráficos que permitan comparar mellor por anos os datos referidos ao número de vehículos en cada concello. Tamén sería bo deixar máis claro as unidades das que se está a falar nas gráficas. 7/10.
Anónimo ha dicho que…
Os outros transportes... da a sensación de que se vai referir aos autobuses, e se vai falar do parque automovilístico da zona metropolitana que, segundo, as liñas de autobuses interurbanos a zona metropolitana é máis ampla.Imaxino que hai unha razón para que esos concellos representen a área metropolitana.
Significa, un dos datos, que en boqueixón se matricularon no 2012 máis de 3000 vehículos.
¿os círculos a que se refiren?
¿hai case o mesmo número de furgonetas ou automóbiles en todos lados?
A primeira cifra 58% son os vehículos matriculados no concello de santiago?
a fonte de todos os datos é o IGE, ou só do que aparece no recadro?
Ángel A. Vizoso ha dicho que…
O que cambiaría é o tamaño dalgúns titulares ou cando se identifica a fonte do IGE pero polo demais é un bo xeito de condensar moita información en pouco espazo grazas a unha ferramenta como Infogram. 8.5/10
Mario Nespereira ha dicho que…
Manexar este tipo de datos no IGE non é doado. Coincido con Dani en que quizáis outra ferramenta distinta de Infogr.am daríalle outro resultado máis lucido.

7,5/10
Unknown ha dicho que…
Boto en falta unha entradiña ou algo que explique un pouco de qué vas falar. Non sei se é problema meu, pero non entendo moi ben os datos do principio. Está moi ben a comparativa por anos pero creo que deberías explicar desde o principio a qué te refires con "vehículos"... tal é como está a min lévame a pensar que falas de autobuses, taxis, etc e logo creo que non...
7/10
Mario Prado ha dicho que…
Paréceme unha infografía interesante, pero non demasiado fácil de comprender, penso que lle habería que dar unha volta para que ningún lector se perda. 7/10
Alba ha dicho que…
Sinxela pero informativa.
7/10
Unknown ha dicho que…
É sinxela e estéticamente está ben pero a verdade é que lieime un pouco cos datos. 7/10
Uxía Estévez ha dicho que…
Contén moitísima información, polo que estruturala de xeito moi claro resulta importante para evitar liar ao lector. Quizais o emprego de liñas temporais para valorar mellor a evolución cos anos estaría ben.

7/10
Anónimo ha dicho que…
Revisadas as valoracións definitivamente. Grazas.