Algúns consellos básicos para afrontar o traballo
infográfico (Xan Sabarís, decembro 2014):
1. Que me queres contar con isto? A onde queres chegar? Que conclusión queres que saque o lector? Ou sexa, cal é o enfoque. Moitas veces tes unha idea pero descobres que, cos datos na man, non hai esa historia que pensabas. O enfoque ha de cambiar, non aferrarse a unha idea. Xornalismo.
2. Sempre, emprega comparacións. Os datos en bruto, sen contexto, a maioría das veces non significan nada. Se non se poden comparar de forma directa, busca unha unidade común: porcentaxes, crecemento, por cada x habitantes/euros, etc
3. Sempre terá que haber unha liña argumental, dun elemento principal aos detalles. Vexo nalgúns casos que se expoñen unha serie de datos soltos, sen cohesión entre si.
4. Se podes explicar visualmente algo non empregues textos ou números.
5. En principio, non empregues elementos que non aportan información, que só son referenciais, como iconos, por exemplo. Se o fas só han de ser, precisamente, referenciais. Non han ter gran peso xa que con eles non transmites información e se non hai información non se conta unha historia.

Fonte: Squid Spot, http://www.squidspot.com/Periodic_Table_of_Typefaces.html

Comentarios