Ultras da liga española

Trala tráxica nova do domingo na que un ultra do Dépor morrera a mans dun do Atlético de Madrid é convinte ver a violencia que enche as gradas dos estadios da liga española en forma de grupos radicais.





Comentarios

Anónimo ha dicho que…
Ben o xogo dos iconos botas e o balón.
quizais quedaría mellor os grupos máis radicais e número de socios, ou algo similar e así unimos ambas cuestións.
a parte inferior, habería que darlle unha volta. a imaxe de fondo engulle os iconos dos grupos e parece, visualmente, un pouco recargada, dificultando a identificación dos nomes dos grupos.
a foto podería ter algo de opacidade para que permitira identificar mellor os logos.
Os iconos das dúas máns son quizais un pouco grandes, diminuindo o tamaño quedaría mellor, penso.
¿non se podería dicir algo dos grupos, ano de aparición e financiamento se teñen, non sei engadir algo ademais de só os nomes.
Anónimo ha dicho que…
Esquecinme, faltan as fontes. imprescindible nos traballos
Anónimo ha dicho que…
si sería interesante, ademais do número de socios, ver ano de fundación (algo que introduciu Mario que tamén fixo un traballo sobre isto)
A ideoloxía xa estaría e Nº de socios, tamén
Financiación (non sei si esto é dato a ter en conta)
é estaría ben indicar os que se viron envoltos nalgunha reierta, por exemplo.
Ángel A. Vizoso ha dicho que…
Bo traballo pero —a nivel de gustos persoais— atopo unha división moi grande entre a parte de arriba da gráfica e a de abaixo da imaxe do estadio. Con todo, moi boa exposición das ideoloxías do fútbol.
9/10
Mario Nespereira ha dicho que…
Se cadra, tanta cor, na miña opinión provoca algo de cansazo na lectura. Moi interesante o xeito no que distinguiches aos ultras de extrema esquerda e extrema dereita. Pero bravo

9/10
Unknown ha dicho que…
Coincido cos demáis en que a parte de abaixo quizáis estea moi cargada de cor (igual facendo algo transparente a imaxe de fondo xa se solucionaría), pero gustoume moito a idea de comparar a extrema esquerda coa dereita. 8/10
Mario Prado ha dicho que…
Bo traballo! Sobre o mesmo tema, pero elaboramos infografías moi diferentes. Penso que a parte inferior de esta está demasiado cargada de cor e esto pode facela menos lexible, polo resto está moi ben. 8/10
Uxía Estévez ha dicho que…
Un plantexamento ben orixinal e que funciona. A infografía informa ben do panorama das peñas do fútbol español e da datos sobre elas. Quizáis na parte de abaixo resulta un chisquiño difícil ler os nomes dun par de peñas, porque coincide cunha zona de moita luz na foto de debaixo. Un fallo sen moita importancia e de fácil solución, de todos xeitos. O que sí deberías é citar as fontes na infografía.

8'5/10
Alba ha dicho que…
A infografía deixa moi clara a información que das, ademais ao estar tan de actualidade o tema sería un documento que funcionaría moi ben en calquera xornal. Moi interesante!

8'5/10
Unknown ha dicho que…
É moi clara e sinxela. Aínda que penso que estaría mellor se teras ampliado un pouco os bloques en piktochart para que quedase algo máis de espazo limpo. 7,5/10
Anónimo ha dicho que…
Revisadas as valoracións definitivamente. Grazas.