Infografía Flash Final Champions 2014

Onte viviuse o último enfrontamento entre Real Madrid e Atlético de Madrid. Fai escasos meses ámbolos dous equipos protagonizaban un derbi nada máis e nada menos que na final da Liga de Campeóns disputada en Lisboa. Con esta infografía quixen facer un memorandum de aquel partido no que os de Ancelotti se proclamaron campeóns de Europa.

Para descargar a infografía, premer aquí.

Comentarios

Unknown ha dicho que…
Parabéns Mario. O tema non é dos meus favoritos pero resolves bastante ben a segmentación dos datos e o deseño deixoume impresionada, os efectos da imaxe de fondo e o balón rodando. 9,5/10
Uxía Estévez ha dicho que…
O balón ao principio resulta ben chamativo. Dalle moito dinamismo á infografía. Os datos están ben, pero ás imaxes veríanse mellor un pouco máis grandes, na da esquina inferior esquerda é difícil distinguir ben as caras, por exemplo.
9'5/10
Unknown ha dicho que…
un infográfico moi bo no que se aprecia o traballo! A estética está moi ben coidada, co fondo en moita calidade e a animación do principio encantoume, ao igual que a sección de curiosidades, que creo que é algo co que o lector se queda e que sempre invita a ler.

A única pega é que non puxeches créditos!

9'5/10
Anónimo ha dicho que…
Revisadas as valoracións definitivamente. Grazas.