Internet no mundo

Sempre queixándonos: Pero que lento vai internet! E non nos damos conta do que temos ou do que poderiamos ter. Para botar pestes con fundamento aquí tedes a grandes rasgos a velocidade de internet por aí adiante. Busque, compare e se atopa un mellor múdese.

https://www.dropbox.com/s/a4fou7pe23bj46r/Internet.swf?dl=0

*ACTUALIZADA LIGAZÓN

Comentarios

Anónimo ha dicho que…
Antón, a url non ten enlace,así que o acceso está complicado.
Anónimo ha dicho que…
gustaríame saber de cando son os datos e tamén gustaríame saber porque están en inglés. Sei que Fran é un fans desa lingua e supoño que ti tamén, pero eu non e non entendo. e só a velocidade, bó, é un dato pero único e as táboas cando pulsas en Best... non entendo. e está ben poñer enlaces nas urls.
Anónimo ha dicho que…
e pedinvos desde o principio que e enviarades os traballos de flash, en flash, .fla e non en película .swf. e en flash CS3. grazas
Uxía Estévez ha dicho que…
Eu tampouco entendo ben por que escolliches facela en inglés, pero bueno, tampouco se dixo o contrario. O flash funciona ben e amosa datos interesantes.

9/ 10
Antón M. Dubra Todò ha dicho que…
Escollín o inglés por cambiar un pouco a monotonía. Non foi por outra razón. Lingua universal da que gosto tamén. Os fla e swf xa os enviei tamén.
Saúdos
Anónimo ha dicho que…
Está ben romper a monotonía, pero a escolla dunha lingua ten que facilitar a comunicación da mensaxe, quero supoñer, e independentemente de que non se estableceran idiomas para facer os traballos.
Revisadas as valoracións definitivamente. grazas