Mostra de Teatro da USC

Para aqueles que non a coñecedes, a Mostra de Teatro da USC é un festival que a nosa universidade organiza cada ano para que todas as compañías ligadas a ela representen os seus espectáculos. Leva celebrándose dende o ano 2000 e goza dunha gran acollida, tanto polo público coma por todos aqueles que nos animamos a crear un grupiño e preparar unha representación.
Tras procurar a información (tiven que porme en contacto ca Área de Cultura da Vicerreitoría da Universidade porque non atopei todos os datos no blog da mostra http://auladeteatrodausc.wordpress.com/mostra-de-teatro ), decidín facer unha infografía sobre a autoría das obras representadas ao longo da vida da Mostra, e este foi o resultado.

(Como na infografía de Emilio Botín, tamén tiven que prescindir dalgún que outro til para non ter erros na imaxe).



Comentarios

Unknown ha dicho que…
Moi interesantes os datos, sobre todo a comparativa entre os anos! Por poñer unha pega, creo que poderías incluir datos sobre a mostra en si, como cando e onde se celebra

Tamén creo que sería interesante
mencionar as túas fontes

8'5/10
Alba ha dicho que…
Gracias outra vez!
Agora mesmo modifico a publicación para poñer de onde saquei a información
Unknown ha dicho que…
Moi boa información, algo que nos toca preto e moito non sabíamos. 9/10
Mario Prado ha dicho que…
Sen dúbida interesante información, ben representada de maneira clara e sinexela. 8/10
Unknown ha dicho que…
Bo traballo! Achegas un tema que non é moi coñecido e das uns datos xerais que axudan a perfilar este evento.
8,5/10
Uxía Estévez ha dicho que…
A infografía funciona ben. Os datos son ben interesantes, pero concordo con Lucia, estaría ben aportar algo de datos da Mostra en si, (ou cambiándolle o título a esta por un que se especifique que se trata das obras, xa que é no que te centras ti).

8'5/10
Anónimo ha dicho que…
Revisadas as valoracións definitivamente. Grazas.