"Pokies hit city's poorest": análise do infográfico

Fala das cantidades de diñeiro  que se perderon xogando ás máquinas de poker no ano financeiro 2010/2011 na zona sur de New South Wales, en Australia.

- Como o conta?

Para simplificar a información e o seu proceso de entendemento, a noticia principal vai acompañada por un mapa da zona que está dividido nas áreas locais de goberno que a conforman coloreadas de diferentes tonos de verde. Canto máis escura sexa a cor, máis cantidades de diñeiro foron  perdidas. Ao pulsar cada uha das zonas, desplégase un bocadillo encima dela no  que explica algúns datos sobre o tema.

- Que datos?
Os datos que utilizan son de carácter económico e en menor parte sociais.

- Que tipo de visualización?
Para representar a información, o autor aopiase nun mapa procedente de Google Maps, superpoñendo o contido sobre el. Deste xeito, pode situar os datos segundo as zonas, simplificando así a comprensión da información. Ademais, acota os datos de xeito que o lector non ten que lelos todos, senón aqueles que lle interesan.

- Cantas historias se poden analizar?
Este infográfico só representa unha única historia, é dicir, un único tema.

- Tempo de lectura. Hora de inicio, hora de remate
Hora de inicio: 11:45
Hora de final: 11:53
Tempo de lectura: 8 minutos.

- Lexible e comprensible? Por qué?
É un infográfico moi sinxelo de usar, entender e ler. A presentación é limpa e clara, porque se basea nun mapa real. Ao clickar en cada zona aparecen uns datos moi resumidos pero eficaces sobre o tema de interese.

- Xornal. Data de publicación. Fontes. Autoría.
Xornal: The Age
Data de publicación: 1 de agosto de 2012
Fontes:
  • Director de servizos da comunidade Greater Dandenong, Mark Doubleday.
  • Charles Livingstone, da escola de saúde pública e medicina preventiva da Universidade de Monash.
  • Mark Zirnsak, da Victorian Interchurch Gambling Taskforce.
  • Comisión Victoriana para a Regulación de Licores e Xogo.
  • Oficina Australiana de Estadística.
Autoría: Craig Butt.

- Comentarios que aparecen nos infográficos
Non hai  comentarios por parte de ningún usuario, porque a propia páxina non permite engadilos.

- Conclusións
Este infográfico ten unha base nun mapa de Google Maps,que foi modificado para poder incluír os datos sobre as zonas das que interesa introducir información. É un mapa bastante interactivo, non é simplemente visual, xa que para acceder á información que contén o lector ten que clickar sobre a zona que lle interesa. Axuda a simplificar en gran medida a información que se presenta no texto ao que acompaña, dividíndoa por áreas locais de goberno. Así, o lector pode interiorizar mellor os datos das áreas que lle interesan, e non ten que ler un texto bastante lioso e aburrido que contén datos á esgalla.

- Apuntar outros exemplos de visualizacións
Un exemplo de mapa infográfico interactivo podémolo ver neste enlace. A pesar de ter un funcionamento similar ao infográfico de The Age, está máis elaborado, cunha presentación máis simple e moderna. Pero a base é a mesma: o uso dun mapa que ao clickar sobre cada zona nos mostra a información referente a ela.


Comentarios

Anónimo ha dicho que…
Mirade de poñer a URL con enlace do infográfico para poder acceder ao mesmo. Grazas.