A miña infografía sobre o portal de transparencia versa sobre a cibercriminalidade. Ten tres gráficos: tipoloxía de delitos, idade e sexo (vítimas e responsables). Por requerimentos da aplicación é imposible visualizar o total de delitos do primeiro gráfico.
Cibercriminalidade
Cibercriminalidade
Comentarios
En canto as vítimas sorpréndeme o feito de que a maioría de elas sexan homes. Tiña unha concepción diferente. Non obstante, pode ser tamén que o estea interpretando mal posto que non acabo de comprender a barriña de Play e Pause que aparece baixo muller e home e que identifica as vítimas, non sei a súa función.
Respeto a temática paréceme interesante mostrar esta realidade delictiva que foi evolucionando ano a ano co peso e o incremento das novas tecnoloxías da información e da comunicación.
Destaca o feito de que este ano no protocolario discurso do Rei por Nadal aludira á "labor de aquelas persoas que proporcionan e garantizan seguridade, xa sexa nos ámbitos terrestres, marítimos, aéreos ou cibernéticos". Esta referencia faime pensar na importancia que está a tomar un feito como a ciberseguridade.
Como inciso resulta moi interesante tamén o feito de que moitos Gobernos democráticos vixiaban as actividades privadas de cidadáns correntes. Isto revelouse tras darse a coñecer que a NSA mantiña rexistros de case todas as chamadas telefónicas realizadas nos EEUU. Dá que pensar que o dereito a privacidade segue estando en entredido por parte de outros programas e autoridades. Este debate daría sen dúbida para outra infografía que podería versar sobre os avances tecnolóxicos que grandes compañías coma Apple están levando a cabo co fin de correxir deficiencias críticas nas infraestructuras e produtos que os Gobernos poderían aproveitar.
Volvendo a túa infografía, paréceme que fas un bo uso das cores, a tipografía escollida e o seu tamaño son claros e permiten unha boa lexibilidade. En xeral, gústame a idea.
O botón de Play só engade interactividade ao gráfico. Se pulsas nel, cambian as figuras e as cifras e, se te fixas no borde inferior dereito, cambia a nomenclatura. Os datos sobre vítimas trócanse polos datos sobre os responsables.
Persoalmente, colocaría esta información na parte superior do gráfico porque pode provocar certa confusión no lector. Pero como imaxino que ti tamén estás familiarizada coa aplicación, un dos seus defectos é que as maquetas son case inamobíbeis.
Unha pregunta “responsables” sería dos delitos. E os datos de vitimas, responsables, homes e mulleres a que ano corresponderían ou son globais de 2012-2015.
Quzais para completar o relato, identificar os delitos, a que se lle chama fraude informático ou falsificación ou interferencia ou acceso e interceptación ilícita. Apuntar algunha das características na introducción sería útil.