Infografía local



A infografía sobre fontes propias decidín facela sobre como se viviu o 18 de xullo de 1936 na miña localidade, A Estrada. Encántame afondar na nosa historia e este, en concreto, pareceume un tema moi interesante. A información que recabei foi fundamentalmente documental. Acudín a varios artigos da Miscelánea (unha publicación anual do meu Concello sobre a demografía, historia e sociedade do mesmo). Un dos máis salientables é a peza escrita por Mario Blanco, que foi fotógrafo durante a Guerra Civil. Tamén as testemuñas do historiador e autor do blog Deza-Tabeirós, Xoán Carlos Garrido.
Para min, o máis complicado deste gráfico foi poñer en escea todos os datos que recompilei debido á falta de fotografías da época. De todas formas, espero que sexa do voso interese.


Comentarios

Unknown ha dicho que…
Gústame o tema e creo que soupeches tratalo moi ben na infografía. Achegas datos preciosos e moi claros. A única pequen pega que lle poría sería a de usar quizais algunha imaxen ou icono que acompañara ao texto sempre dentro da temática do traballo, Polo demáis bo traballo
Unknown ha dicho que…
Sen ningunha dúbida o tema é moi interesante, e aínda que xa pasasen moitos anos, a guerra será algo que sempre estará moi presente. Creo que esxplicaches a información perfectamente, pero coma a miña compañeira Sonia, creo que falta algunha imaxe máis, pois creo que o mellor sería combinan fotografía e texto. Parabéns!
Nerea García Barragáns ha dicho que…
Gústame a elección do tema e a forma na que trataches o contido. En canto ao deseño gústame que a cor elixida para resaltar sexa o morado e o feito de que utilices unha fotografía antiga. A única pega que lle podería poñer é o feito de que coido que exportaches a imaxe en formato PNG e ao facer clic non se visualiza con fondo, algo que non permite ampliar para ler mellor o texto.
Unknown ha dicho que…
Do mesmo xeito ca Nerea, paréceme unha infografía que, a pesares de ser sinxela -sendo este un dos seus principais atractivos- ten moito transfondo. As cores, a elección do texto preciso. Quizais tería engadido algunha imaxe máis en medio do texto, mais entendo que conseguir fotografías dese día tan concreto, é unha cuestión complicada. Bo traballo.
Anónimo ha dicho que…
Unha boa idea, resolta con sinxeleza, pero necesitada de algo máis de documentación.
Que tipo de movemento. Que radios. Como detivo. Que escritores e sindicalistas?
Faltan fontes.