En canto nos propuxeron o tratamento dun tema local viñéronme á cabeza moitas cuestións que poderían ser tratadas dun xeito gráfico e atractivo visualmente, mais despois de pensar, deime conta de que é necesario explicar como os problemas globais teñen que ser, necesariamente, tratados tamén desde abaixo. É por iso que quixen amosar unha perspectiva local -A Coruña- dalgúns dos recursos aos que poden acceder as mulleres vítimas da violencia machista -coas respectivas declaracións dos representantes delas-.
https://www.genial.ly/587e6bacc3bce51524b8967b/enfoque-local-da-violencia-machista
https://www.genial.ly/587e6bacc3bce51524b8967b/enfoque-local-da-violencia-machista
Comentarios
Creo que a fotografía que usaches é máis ca representativa, pero só indica un tipo de violencia: a física. Como aportación, incluiría algún recadro coas clases de maltrato que adoitan sufrir as mulleres.
Polo demais, creo que é moi acertada. Sobre todo o uso das declaracións e as referencias aos lugares aos que calquera muller de A Coruña pode acudir se se ve nunha situación como a que describres. Bo traballo.
Sería mellor epígrafes que números para crear unha secuencia lóxica.