O festival "Castelo Rock" é a temática que elexín para facer esta infografía.
as fontes foron: o presidente da Asociación Cultural Recreativa e Deportiva Praia do Castelo, Pedro Agustín Lago Lestón; o fotógrafo do festival, Manel Candamo e con unha das voluntarias, María Lago Lestón.
Espero que vos animedes a disfrutar do mellor rock en directo o ano que ven!
Para ampliar a información, debes pasar por enriba das fotografías que están sobre o vinilo. Tamén podes ver un vídeo sobre o festival e todas as actividades que se celebran no pobo durante esos días, se pinchas no "play".
Para ampliar a información, debes pasar por enriba das fotografías que están sobre o vinilo. Tamén podes ver un vídeo sobre o festival e todas as actividades que se celebran no pobo durante esos días, se pinchas no "play".
Comentarios
Enhorabuena
Encántame esta aplicación pola facilidade que ofrece á hora de deseñar infografías interactivas. Escoller o fondo do vinilo vai totalmente acorde coa temática a tratar. Pareceme moi útil como publicidade, por así dicilo, para o festival. Eu mesma descoñecía por completo esta iniciativa e que levara tanto tempo. Aportas datos de interese como poden ser: as zonas para acampar e as súas facilidades. Outras informacións útiles como o aforo e os prezos das entradas para que a xente se poida facer unha idea de cara a ir nun futuro, e os grupos máis destacados para descubrir o que un se pode atopar se se achega ata alí.
En xeral, gústame a idea. Sinxela e fácil de entender. Sobre todo, o feito de que a información se despregue de maneira interactiva grazas a un click e que sempre vaia acompañada de unha fotografía que chama a atención e un pequeno texto que aporta a información relevante.
Noraboa polo traballo.
Noraboa polo traballo!
Dende hai 13 anos, é algo impreciso, porque pode ser o mesmo periodo o ano que ven, por exemplo.
Grafismo similar a outro traballo anterior, e sí podería reducirse un pouco a imaxe, e así no primeiro pantallazo visualizar o conxunto.