As fontes empregadas para a elaboración do titorial son:
e a propia aplicación -á que, despois de moito intentalo, só se pode acceder a través de Internet explorer-. Chrome non a abre.
No caso de non visualizar ben o titorial en formato PNG, accedede a través deste enlace:

Comentarios
Como se sube un video propio, ou unha imaxe ou un son? requírese un tipo arquivo concreto? ou so sirve youtube, yahoo...?
enquisas e cuestionarios pódense responder cando se visualiza o traballo?
como se engaden exactamente?
pódense editat os vídeos?
que significa agregar clics, para que sirve?
imaxino que est´en inglés.
como se exporta e a onde? ondes se ve o traballo?
Mellor a autoría ao final do traballo e as fontes, tamén.
As enquisas e cuestionarios realízanse do mesmo xeito que os clips. Isto é, cando estamos editando un proxecto á esquerda ponnos "engadir clip" pero ti ademais disto tes tamén a posibilidade de "insert quit poll". É aquí onde debes clicar para engadir unha enquisa ou cuestionario. Á pregunta de se se poden responder cando se visualiza o traballo, non o teño claro porque non cheguei a ver se funcionaba esa parte, mais supoño que si.
Os vídeos si se poden editar. Cando me refiro aos "clips" estou falando de, digamos, proxectos de vídeo. A posibilidade que nos dá Metta neste sentido é grande, xa que poden existir vídeos que son dependentes un doutros, mais que isto non implique que ti queiras mesturar o contido de varios nunha única peza. Polo tanto, Metta, dentro dun mesmo proxecto, permítenos incluír varias pezas de vídeo, audio, son.
Metta está integramente en inglés, e para conseguir o proxecto o que temos que facer é ir á páxina principal da aplicación. Á esquerda temos un apartado que se chama "lessons" onde temos tódolos nosos proxectos. Cando entramos, en cada un deles, danos a posibilidade de "share". Aí podes gardar en numerosos formatos, polo que o traballo podes visualizalo de diversas formas para, posteriormente, incluílo onde a ti che conveña.
Grazas.
Moitas grazas pola explicación.