Está ben. Presentamos un conxunto de diagramas, incluido o radial ou araña para indicar exactamente que, que hai máis datos no ámbito económico, pero que tipo de datos exactamente e que estea situaco entre 100 e 120 indica?. Non era isto o obxectivo. O obxectivo era ver cómo funciona o portal, explorar, ver que datos hai e buscar eses datos e traballar con eles e comparar con outros portais eses datos; seleccionar algunha tipoloxía de datos e usar eses datos. Non era facer un reconto dos por que que tipos de datos hai en medio rural, hai datos dos incendios? Vicepresidencia que datos ofrece: o que invirten en publicidade? Que significado ten que apareza ao lado de ciencia e tecnoloxía a cifra 22, de que se está a falar? E as cifras a que corresponde: ao número de datos que teñen? 340 datasets no catálogo que significa? Estamos traballando para un xornal, así que deberíamos clarificar os datos. Que é Amtega? Situación do catálgo a que se refire a departamentos? E áreas temáticas? E que se descargou máis, que tipo de datos? Os títulos tentemos que sexan curtos, contextualizar cunha entradiña e formalizar o relato. Situación actual, inconcreta. Vemos o traballo o ano próximo e a situación actual sería 2017. Hai que precisar o cando. Non sei, vai un pouco longo. Temos que falar da proposta entre todos. Grazas.
Comentarios
Os títulos tentemos que sexan curtos, contextualizar cunha entradiña e formalizar o relato.
Situación actual, inconcreta. Vemos o traballo o ano próximo e a situación actual sería 2017. Hai que precisar o cando.
Non sei, vai un pouco longo. Temos que falar da proposta entre todos. Grazas.