(actualizada) Infografía libre: Fútbol gaélico en Galicia

Infografía que debulla o panorama actual do fútbol gaélico, deporte en constante crecemento, en Galicia. Na tempada 2018/19 había catorce equipos inscritos na Liga Galega masculina, seis na Liga Galega feminina e dez na Liga Gallaecia de fútbol mixto, alén dun proxecto que se está a elaborar en Burela. A infografía é interactiva (feita con thinglink) e pode consultarse premendo nesta ligazón.

FONTES:

http://gaelicogalego.gal/

https://gl.wikipedia.org/wiki/Liga_Galega_de_F%C3%BAtbol_Ga%C3%A9lico

https://www.siguetuliga.com/liga/galicia-division-1-liga-galega-de-futbol-gaelico---division-1

https://www.siguetuliga.com/liga/galicia-liga-feminina-liga-galega-de-futbol-gaelico

https://www.ligagallaecia.org/

Comentarios

rosapurpura ha dicho que…
As URLs teñen que conter enlaces, imprescindible para poder usalas. Así non serven, non cumpren o seu obxectivo.
Que é o fútbol gaélico? que relevancia ten? ademais dos equipos, como se financian, hai unha liga ao uso, compiten na mesma liga homes e mulleres? cantos equipos hai masculinos e femeninos? dende cando existe o deporte? Por que uns indicadores son azuis, outros negros, outros verdes... Por que hai máis equipos en Pontevedra que nas outras provincias? As competicións son entre equipos galegos?
Diante de tantas dúbidas, a eficacia da proposta non parece moi clara.
A infografía so enumera e sitúa os equipos nun mapa de comarcas, practicamente sen moita máis información, agás nalgún caso que é imposible interpretar xa que non temos un contexto ou escenario deste tipo de deporte.
rosapurpura ha dicho que…
E cando se celebrou ese primeiro encontro?
Por que uns indicadores son azuis, outros negros, outros verdes... Por que hai máis equipos en Pontevedra que nas outras provincias?
Quizais tamén non é a mellor aplicación. Non resulta doado utilizala.