Interesante cambiar o formato vertical polo horizontal. Pode funcionar igual de ben. Pero tamén sería interesante economizar dimensións. Os recadros poderían ser máis pequenos ou incrementar o corpo da letra. A aliñeación centrada non é moi eficaz. A proposta parece ter tres partes que se complementan pero que aportan diferentes datos. Por un lado, o movemento; por outro, hábitos a cambiar e, por último, datos numéricos de uso de plásticos. A elección do formato permite xogar con, digamos, tres columnas que nos permiten falar dos tres tipos de información e non mesturar, e sí xerarquizar: que é máis importante, relevante, significativo: o movemento, os cambios de costumes ou os datos. Cal é o eixo da narración? Cal era o punto de partida? e entón definir os espazos de acordo coa relevancia. Non queda claro e isto fai que pareza algo liado. Visualmente funciona. A cor non é rechamante. A mistura, tampouco. O que si tamén se podería simplificar é o tamaño da letra, que non haxa tantas diferenzas no corpo. Por exemplo, a guerra contra o plático podería ser perfectamente o título global e que podemos facer, un epígrafe. E o apartado dos datos hai que especificar cando e onde, e tamén outra interrogante que me xurde é por que plásticos no mar e nos ríos? non sabemos si é o máis dramático ou é un dato máis.
Comentarios
A proposta parece ter tres partes que se complementan pero que aportan diferentes datos. Por un lado, o movemento; por outro, hábitos a cambiar e, por último, datos numéricos de uso de plásticos. A elección do formato permite xogar con, digamos, tres columnas que nos permiten falar dos tres tipos de información e non mesturar, e sí xerarquizar: que é máis importante, relevante, significativo: o movemento, os cambios de costumes ou os datos. Cal é o eixo da narración? Cal era o punto de partida? e entón definir os espazos de acordo coa relevancia. Non queda claro e isto fai que pareza algo liado.
Visualmente funciona. A cor non é rechamante. A mistura, tampouco.
O que si tamén se podería simplificar é o tamaño da letra, que non haxa tantas diferenzas no corpo.
Por exemplo, a guerra contra o plático podería ser perfectamente o título global e que podemos facer, un epígrafe.
E o apartado dos datos hai que especificar cando e onde, e tamén outra interrogante que me xurde é por que plásticos no mar e nos ríos? non sabemos si é o máis dramático ou é un dato máis.