ACTUALIZADA Lab 2. Ariadna Leis. Infografía 1: deportes non masificados.





   AS OLIMPIADAS MUNDIAIS DE POLICÍAS E BOMBEIROS 
UN DEPORTE DESCOÑECIDO
ARIADNA LEIS
Infografía 1. Deportes non masificados





Como xorden?
Os World Police and Fire Games (coñecidos no noso país como Olimpiadas de Policías e Bombeiros) nacen en 1967 en California. A idea xorde dun xefe de policía de San Diego que vela pola forma física do seu equipo de policías. Así, o primeiro campionato non nace como tal, se non como un xogo para incentivar aos axentes para seguir entrenando e manténdose en forma. Foi tal o éxito que a estas xuntanzas uníronse tamén os bombeiros e así, en 1985 créase a primeira competición oficial en San José (EEUU) xa con 5.000 participantes, cifra que foi en aumento nas seguintes convocatorias. Esta cita celébrase cada dous anos nunha cidade diferente do mundo. Depende da Federación Atlética da Policía de California (CPAF) e en España realizouse no 2003 en Barcelona. A última foi neste mesmo ano, 2019, en China, onde participaron 10.000 atletas (poucos menos que nos xogos olímpicos de verán) de máis de 70 países. Os próximos serán no 2021 en Rotterdam.

Que son?
A día de hoxe estas competicións miden a resistencia, velocidade, forza, axilidade e destreza dos axentes. Os participantes poden inscribirse en máis de 60 deportes (de xeito individual ou por equipo). Ademais, cada deporte está dividido por categorías en función da idade e do sexo:

18+
30+
35+
40+
45+
50+
55+
65+


Os deportes máis valorados e con máis participación son os seguintes:

PARA OS BOMBEIROS:
  •        Touges Competitor Alive (TCA): consta de 8 probas para coñecer quen é o competidor máis duro. As probas comezan a primeira hora da mañá (7am)

a.     5.000 cross
b.     Lanzamento de peso olímpico
c.      100m lisos
d.     100m piscina nado libre
e.     Trepa de corda de 6m
f.       Press de banca ou “brench press”
g.     Dominadas
h.     Pista americana (obstáculos)
*Cabe destacar que aínda que en España non exista unha liga nacional como en EEUU, os nosos policías e bombeiros son das mellores puntuacións do mundo, tanto nas categorías individuais como por equipos.

  •      Stair Race: é unha das probas máis espectaculares, duras e agónicas. Consiste en ascender 40 plantas con equipamento de protección respiratoria duns 25kg nas costas.


  •      Ultimate Firefighter: é a proba máis característica para os bombeiros. Aquí o que domina é o tempo e a resistencia con respecto ao contrincante. Consiste en realizar catro exercicios:

a.     Tarefa da manga
b.     Carreira de obstáculos
c.      Carreira vertical
d.     Peso é forza

PARA OS POLICÍAS:
  • Biathlon (individual ou en equipo):
  • Carreira en moto
  • Police Action Pistol (PAP)
  • Police Pistol Combat (PPC)



Españois nos WPFG:
                Víctor Dobaño, tres medallas de ouro na categoría +45 en: Triatlón, carreiras de escaleiras individuais con e sen peso.       
                Francisco José Medina, ouro na modalidade Cicling Street





Fontes consultadas:

http://www.cpaf.org/5/
http://www.chengdu2019wpfg.com/
https://www.abc.es/espana/20130813/abci-mundial-policias-bomberos-201308121650.html
https://policeandfire.games/es/inicio/
Fontes propias: Jorge Serrano Sánchez (participante)

Bosquexo previo:








Comentarios

rosapurpura ha dicho que…
Síntoo, pero o trabllo non ten autoría o que dificulta a identificación. A infografía debe ter o nome e apelidos da persoa que o realiza e as fontes, só os nomes ou marcas: El País, ABC ou o que sexa. E na entrada, indicar as urls dos datos orixinais. Grazas.
rosapurpura ha dicho que…
Tampouco se pode usar con facilidade o enlace de Pinchar aquí. Hai que rexistrarse ou algo así na aplicación proposta. Grazas.
rosapurpura ha dicho que…
Está a entrada repetida dúas veces?
Arisoneu ha dicho que…
Autoría: ARIADNA LEIS

Disculpa. Era a primeira vez que utilizaba Blogger e non tiña moita idea de como facelo. Penso que as seguintes infografías xa as subín ben?

Vou editar a entrada e confírmame por favor se xa estaría ben así.