Lab. 1. Íñigo Rolán. Cultura. Festivais e mostras de cine en Galicia en 2019

En total, o ano pasado, en Galicia celebráronse ata 25 festivais e mostras de cine. O audiovisual galego está en continuo crecemento e iso queda demostrado con directores da gran pantalla como Óliver Laxe, Xacio Baño e tamén no ámbito da televisión, xa que a serie de Movistar, "Hierro", de produción galega (Pepe e Jorge Coira, Gaspar Broullón) gañou o Premio Ondas á Mellor serie española do ano. 
Pareceume importante situar onde se celebran todos eses festivais e empreguei a ferramenta/páxina web ArcGis. Esta permite navegar cunha certa liberdade polo mapa, ademais de achegarse aos puntos marcados, o cal, cando hai varias mostras nunha mesma cidade, facilita ver localización exacta. A miña intención era tamén incorporar algún elemento visual que identificase cales son os máis novos e os máis vellos, pero debido a que outros iconos non se distinguían tan ben, vinme obrigado a deixar os que se aparecen na imaxe, aos cales non se lles pode cambiar o color. 
Ao facer click en cada icono, aparece o nome da certame, unha pequena descrición do mesmo, as datas nas que celebrou en 2019, a páxina web por se alguén quere máis información sobre el e o cartel, para dar aportar un elemento visual. Non podía cambiar a tipografía da letra nin centra a imaxe, o único que destacai foi a edición de cada festival en negriña.
Amplieu un pouco o ámbito da infografía. Debido ás ferramentas que presenta ArcGis, á esquerda pódese ver "Densidade festivais". Se fan click aí, aparece por colores onde hai maior concentraciñon de festivais e onde menos. Tamén se pode elixir o mapa base, e neste caso escollín o que amosa as estradas para que se vexa como nas zonas de Galicia onde hai mellor conexión por estrada hai maior concentración de festivais. Hai máis factores, como a oferta cultural da propia cidade, o nivel económico da mesma, pero pareceume curioso destacar iso. 


Pódese acceder ao mapa a través do seguinte enlace
Do mesmo xeito, aquí se encontra o boceto da infografía

Fontes: 

Comentarios

Cruz ha dicho que…
Ola, Íñigo. A opción de trasladar a un mapa interactivo o conxunto da oferta de mostras e festivais de cine de Galicia é unha boa opción para facer esa información máis asequible para o usuario. Deste xeito creas unha ferramenta útil na cal pode navegar pola xeografía galega para localizar os eventos que máis lle interesen. A nivel gráfico, e tendo en conta as limitacións da propia ferramenta, o tratamento é correcto. Grazas polo teu traballo.