Actualizada-Lab 1-Ecoloxía:Greenwashing: o engano do falso ecoloxismo-Tania Forja


Infografía sobre ecoloxismo-Tania Forja Pena


Infografía actualizada
 *Cambios: Tal é como indicaba a corrección mudouse a imaxe dos cigarros por iconas, o título de apartado e deixouse máis aire polo lado esquerdo da infografía.

Bosquexo da infografía:






Realicei unha infografía empregando dúas tipografías, Chelsea Market para o título principal (tamaño 40pt), títulos de apartado (25pt) e para a firma e fonte (14pt), logo o resto de texto está nunha tipografía Montserrat nun tamaño de 14pt agás a primeira definición que está en 17pt. A paleta de cores está composta polo verde azulado do fondo (é un dos backgrounds que ofrece a aplicación), branco para o corpo e título principal e verde (#7ED321) para os títulos de apartado e como cor dalgunha das iconas da infografía, tamén se empregou o negro para algunha das iconas. Engadín tamén un recorrido que simula unha estrada con imaxes en png dun coche Volkswagen e algunha imaxe máis que complementa a información ofrecida. 
A estrutura pode separarse en título principal e tres apartados diferenciados por títulos de sección: un de definición de concepto, outro para recoñecer na día a día o greenwashing e un terceiro que exemplifica un escandalo de greenwashing. 
A finalidade da infografía é a de achegar o concepto ao público e saber recoñecelo xa que está moi presente no noso día a día. Así mesmo, co exemplo de Volkswagen achégase un escándalo coñecido pola opinión pública que axuda a comprender o concepto. 

As fontes empregadas foron:




Comentarios

Cruz ha dicho que…
Ola, Tania. A infografía é correcta en canto á disposición dos contidos e a xerarquización da información. Como aspectos gráficos que se poderían mellorar: a selección dunha icona en vez da foto da imaxe de tabaco para gardar unha maior coherencia entre os catro puntos; deixar algo máis de marxe na parte esquerda da infografía para que o conxunto quede máis centrado; o título do caso Wolkswagen podería quedar mellor nunha liña, o que che axudaría tamén a dividir as distintas partes da infografía. Grazas polo teu traballo.