Infografía Nº1: ¿Qué sabemos del rastro que dejamos en la web? La huella digital en Internet.


  •  Enlace para acceder a la información sobre la infografía:  https://drive.google.com/file/d/1pDeswDvDM2kLSEHBX0C3fXtIMLQgz8IS/view?usp=sharing 
  • Enlace para acceder a la infografía: https://infogram.com/huella-digital-1h7v4p5kyxx86k0?live
  • Boceto previo a la realización de la infografía: 



Comentarios

Cruz ha dicho que…
Ola Sara. O tema da pegada dixital podería resultarlle de interese á maioría dos posibles lectores que puidesen chegar á túa infografía, dada a súa condición de usuarios da rede. Aínda que no documento que achegas fas unha aproximación ao concepto e intentas contextualizar o problema con datos de uso das redes ou dos dispositivos móbiles, deberas seleccionar fontes máis específicas (protección de datos persoais na rede, estatísticas de uso das redes, etc.) que non quedaran nunha listaxe de entradas de blogs ou artigos doutros medios.

Como xa falamos, sería conveniente explicar con máis profundidade ao comezo da infografía que é a pegada dixital ou como lle afecta á imaxe e á información persoal do usuario na rede (no documento tes información sobre a visibilidade, a reputación e a protección da privacidade que poderías aproveitar).

A disposición no espazo dos elementos da información de contexto (horas de consumo de redes, % da poboación que cede os seus datos e que deixaría de empregar certos servizos se fose consciente desta cesión) xera confusión en canto á súa xerarquización, iconos que empregas para ilustralos e relación entre os datos. Sería conveniente que ordenases de xeito máis claro esta información e que mellorases a diferenciación das distintas partes do contido da infografía (pegada dixital, efectos, consellos). Esta última parte, a dos consellos para reducir a pegada dixital, está máis ordenada, aínda que o texto podería ser máis conciso.

Para as próximas infografías traballa na xerarquización dos contidos, na organización dos elementos do espazo e na 'tradución' visual desa información que si recompilas no traballo escrito.

Grazas polo teu traballo.