Lab 1. Íñigo Rolán. Local. "Leiraparkings"

Esta infografía pretende situar a ubicación dos parkings disuarios construídos no Concello de Verín entre os anos 2016 e 2019. Unha solución do consistorio ao problema do aparcamento na vila, que ademais entra dentro do seu plan de humanizar a rúas. A negociación cos veciños, aos cales se lles paga unha cantidade simbólica polo aluguer dunhas fincas que estaban practicamente abandonadas, permite que este servizo sexa gratuíto. O alcalde e responsable de urbanismo, Gerardo Seoane e o primer teniente de alcalde, Diego Lourenzo, son os máis axeitados para falar sobre este tema dado a implicación que tiveron no proxecto. 
En cuanto a elaboración da infografía, a fotografía do fondo saqueina de Google Maps. O azul empregado para servir de fondo para o texto e para indicar onde están os parkings é o #003d90, que é o que se emprega nas sinais de parking ou aparcamento. De novo, Futura para a tipografía, neste caso en todo o texto, empregando a Bold para o titular, o número dos parkings e o nome das autoridades, a Medium Italic para a palabra "prazas" e os postos das autoridades e a Medium para o resto. Empreguei o branco para destacar as rúas principais e que fose máis visual.
Premendo neste enlace pódese acceder á infografía con mellor calidade e ao boceto da mesma.

As fontes empregadas foron:

Comentarios

Cruz ha dicho que…
Ola, Íñigo. A infografía é clara e permite coñecer de maneira sinxela a oferta de leiraparkins na vila de Verín. A localización dos mesmos no mapa e a introdución de elementos que axudan a entender a súa distribución no contexto de Verín tamén facilita a comprensión. Grazas polo teu traballo.