O INTERNET DAS COUSAS


BOSQUEXO:



Enlace á infografía: https://infogram.com/o-internet-das-cousas-1h7g6kymr7y04oy?live


1.      INFORMACIÓN

O título da miña infografía é O INTERNET DAS COUSAS. O corpo do texto é dun tamaño de 12 puntos, diferenciando as tipografías dos títulos das do corpo. Todas son de pau seco, sen remates. Haberá titulares que separen os datos para entender a que nos referimos en cada momento, empregando frechas e iconos para relacionar. Decidín optar por unha combinación de cores de granate e negro, cun fondo gris claro para que os datos foran lexibles.

2.      DATOS

Na infografía intentei reflexar que era o Internet das cousas cunha definición, aportando ademais o ano no que se fixo referencia a isto por primeira vez e a persoa.
Logo, para reflexar o seu funcionamento, empreguei os datos a modo de roda para explicar o paso dun a outro. Primeiro os sensores dos aparellos recollen a información que lla envían a un dispositivo que realiza a interacción, ben sexa Wi-Fi, NFC… Eses datos son almacenados nunha nube e esa é a que lle envía a información de novo aos nosos dispositivos móbiles a través dunha app para que nos sexamos coñecedores do que percibiron os sensores dos nosos aparellos.
Para exemplificar algún dos beneficios que supón a conectividade dos aparellos, expliquei o que supón nunha empresa, nun fogar, na agricultura e no medio ambiente, para mostrar que vai máis alá de ter conectados os aparellos dunha casa, senón que é unha tecnoloxía que o engloba todo.
Para finalizar, nas estatísticas explican que para o 2020 o número de dispositivos conectados no mundo subirá a 30 millóns, tendo cada persoa unha media de 5.1 aparellos conectados.

3.      FONTES EMPREGADAS

  1.  https://blogthinkbig.com/todo-iot-internet-de-las-cosas
  2.  https://news.microsoft.com/es-xl/16-increibles-estadisticas-que-pronostican-el-futuro-de-internet-de-las-cosas/
  3. https://marketingdigitalmarcarrillo.com/2015/08/03/el-internet-de-las-cosas-definiendo-conceptos-infografia/
  4.  https://reportedigital.com/iot/internet-de-las-cosas/
  5. https://www.pitneybowes.com/latam/customer-information-management/case-studies/data-management-in-the-internet-of-things.html
  6.  https://www.eude.es/blog/internet-medio-ambiente/
  7.   https://cronicaglobal.elespanol.com/ecoonomia/techdencias/el-internet-de-las-cosas-iot-transforma-el-sector-agricola_101876_102.html


Comentarios

rosapurpura ha dicho que…
Funciona a combinación de cores.
Penso que habería que buscar un maior equilibrio entre os, digamos, ladiños ou epígrafes e o corpo do texto e co conxunto da iconografía. Os iconos engullen o texto.
O apartado agricultura está matizado. Pero crear emprego e optimizar os activos, non parece moi claro, ou mellorar a economía, en que sentido?
Internet non descansa nunca, non é algo novidoso.
O apartado funcionamento non parece moi comprensible, porque aparecen termos que un usuario dun xornal xeralista ao mellor non entende con claridade.
Faltarían as desventaxes, que as pode ter. Hai que presentar todas as opcións.
Hai moito branco. É importante o espazo en branco, pero hai que racionalizalo e non hai que facer o infográfico máis grande do que os datos requiren.
A tipografía funciona, é lexible, e penso que queda mellor a minúscula que as maiúsculas. E os recadros dos beneficios non presentan un equilibrio nos elementos.
Fala disto... ao mellor hai que arreglar a frase. Kevin (ano) nomea por primeira vez a expresión, o termo, ou identifica por primeira vez a posiblidade de conexión de obxectos...
obxectos que non se esperaría... e a teñen?
Fontes: si se usan catro, hai que indicar os catro nomes ou marcas dos sitios no propio infográfico.
Na entrada se precisan as urls exactas onde aparecen os datos.
Importante, documentarse ben e explicar en voz alta o que se quere contar, para visualizar si podemos explicar con concreción os aspectos significativos dos asuntos. E hai que facilitar datos específicos, non ideas ou opinións. Contamos dende a distancia.
Traballo correcto. Graficamente funciona.