OS CAMAREIROS ROBOT CHEGAN A ESPAÑA (2019)
ARIADNA LEIS
Infografía 2. Tecnoloxía
ARIADNA LEIS
Infografía 2. Tecnoloxía
Aínda que estamos acostumados a velos nas películas, a realidade do autómata no mundo da restauración avanza a ritmos axigantados. Se no século pasado as comandas se collían de memoria ou en libreta, a comezos de século optouse polas tablets ou PDA, logo viñeron as máquinas de pedido automático e xa o último, os camareiros robot.
Estes non son unha novidade, posto que xa no 2010 se instaurou o primeiro en Bangkok. Seguiu China, Xapón, NY... e no 2019 chegan a España. Os primeiros aterrizaron en Madrid pero logo chegaron os seus curmáns a Barcelona e Valencia.
A empresa promotora é Keenon Robotics, financiada polo grupo Shangri-La. Puxéronlle de nome "cacahuete" ao primeiro robot que se deixou ver na cidade no restaurante Amazonia Chic.
Coa súa chegada, as primeiras alertas sociais. Estes son os que sustituirán aos camareiros de toda a vida!!! E ante esas afirmacións, os donos de ditos restaurantes saen na súa defensa:
1. Facilitarán o traballo aos camareiros, posto que van cargar os pratos (até 30kg de peso), que é algo que afecta á saúde física dos traballadores. Pero en ningún caso os substituirán.
2. A atención será máis rápida, posto que mentres que o camareiro toma nota ou atende algunha petición, o robot está servindo.
3. Non teñen marxe de erro, polo que evitan protestas por confusións.
4. Son un atractivo para o restaurante e por tanto un valor engadido, especialmente pensando na tipoloxía de vida do S.XXI que xira en torno ás redes sociais.
Éstes falan cos clientes para avisarlles que chegou a súa comida ou que poden retirala. Tamén alertan se alguén se lles mete no medio posto que teñen uns sensores de detección de movemento. Ademais, o seu xeito de falar tamén causa curiosidade nos comensais, xa que é moi cariñoso. A que non estades afeitos a que un camareiro vos diga meu amor ou cariño?
En canto ás características tecnolóxicas, teñen autonomía para 100h en espera e 8h en funcionamento. Cando detectan que están ao 30% de batería automáticamente van á zona de carga para recargar. Móvense por sistema GPS. Teñen programadas unhas rutas dende o punto de partida onde cargan a comanda até cada unha das mesas. O camareiro marca o número da mesa e este xa sabe o seu percorrido. Ademais ten sensores de detección de movemento, polo que se alguén se lles achega, avisan e paran, para non tropezar. Miden arredor de 1m de alto e varian a estética en función da empresa que os fabrique.
En España isto xa é novidade, pero en Pekín xa hai un restaurante totalmente robotizado, incluindo camareiros e chefs. O Haidilao Hot Pot.


Comentarios