LAB 1: Non toda a auga é cristalina en Guitiriz

Infografía de temática local-Tania Forja

Vista dun dos momentos do timeline
Bosquexo:

Visualización da infografía

A infografía aborda unha problemática de ámbito local da vila de Guitiriz. Este concello da Terra Chá ten continúos problemas coa auga, facendo que esta veña turbia aos fogares do lugar. O eixe do problema nace dunha alta concentración de ferro, a presenza deste metal na auga orixínase cando esta se almacena no encoro da localidade, coñecido popularmente como o Pantano. Cando o nivel deste baixa a auga acada uns niveis de ferro insalubles ademais de coller unha cor alaranxada característica. A infografía fai un repaso pola problemática dende 2018 ata a actualidade, con dous puntos de incidencia, finais de 2018 e dende agosto de 2019 ata a actualidade, isto é así, xa que son os períodos de seca e de baixada do nivel do encoro.
Para a elaboración da infografía escolleuse a aplicación Tiki-toki que permite unha visualización en 2D e en 3D. Cada evento vai apoiado con título e texto e cunha imaxe ilustrativa, ademais os eventos están clasificados con etiquetas identificativas (problema, solucións, queixas).

Fontes:

Orais: hostaleiro, concello de Guitiriz
Escritas (El Progreso, Concello de Guitiriz)


 



Comentarios