Enlace para acceder á infografía: https://gallery.moovly.com/video/dbac8752-ffc1-11e9-ba65-02ac69a748e2
Neste pequeno vídeo dun minuto explícase que foi a Movida madrileña e algúns dos seus principais expoñentes. A Movida foi un movemento cultural que pretendía deixar atrás a época da represión franquista, unha maneira de olvidar a censura e comezar unha desinhibición cultural. Toma referencias de Andy Warhol e o seu Pop Art, o cubismo de Picasso, a música de Sara Montiel e filmes como The Rocky Horror Picture Show. Tamén neste contexto nace o Rastro madrileño. Por outro lado, non todo foron aspectos positivos: durante esta etapa comezouse a normalizar o consumo de drogas. O seu recorrido foi efémero, pero o seu legado intuíuse a principios da década dos 2000 e continúa a ser unha referencia no mundo artístico.
Bosquexo:
Escollín este tipo de infografía porque me pareceu o formato máis cómodo para incluír música e un pequeno fragmento dunha película. Para o texto incluído no vídeo escollín a tipografía Montserrat en corpo 26 enmarcada nun fondo negro coa letra en branco. A escolla debeuse a que buscaba un tipo de letra Sans Seriff que destacase pola súa sinxeleza.
Fontes:

Comentarios
No mapa aparecen tres puntos, que estaría ben, como un mapa, apuntar as comunidades... e só en esos tres sitios?
Por exemplo si é interesante o comenzo, coa proceso de busca. Pero parece que esa procura quedou un pouco diminuida.