Lab 1, tema libre: Defende a Galega, 83 venres de loito por un servizo público de radio televisión de calidade. Tania Forja


Infografía de temática libre-Tania Forja

Previsualización da infografía


Visualización da infografía con elementos interactivos

Bosquexo



A temática escollida para a infografía libre foi a loita por un servizos de radio televisión de calidade que están a levar a cabo os traballadores da CRTVG a través dos venres negros, o colectivo Defende a Galega e os sindicatos. Na infografía abórdase o primeiro venres negro, fai xa 83 semanas, as respostas do director da CRTVG Sánchez Izquierdo, os recoñecementos que recibiu o colectivo e os xornalistas que foron "represaliados".

A nivel gráfico, empregouse os tonos negros, brancos e grises e o violeta dos botóns de interactividade. A tipografía dos títulos é Yeseva One (36 pt e 30pt) e para o resto de texto Raleway (22pt). Ademais optouse por tres tipos de botóns: dous na parte superior con forma de gota e cun máis para aludir ás reivindicacións e á folga, tres co símbolo do ollo para visualizar vídeos (extraídos do perfil de Twitter de Defende a Galega e subidos á miña canle para poder enlazalos na aplicación) e cinco botóns circulares cun máis para aportar información sobre o caso de cada un dos xornalistas "represaliados". Ademais, quitóuselle o fondo ás imaxes dos xornalistas cunha aplicación online.

Fontes:

https://twitter.com/DefendeAGalega/status/1024309878670680071

https://praza.gal/politica/persoal-da-crtvg-esixe-o-cumprimento-da-lei-dos-medios-publicos-no-setimo-venres-negro
https://www.sermosgaliza.gal/articulo/social/colexio-xornalistas-defende-venresnegros-do-persoal-da-crtvg/20180810171922071331.html

Comentarios