Explicación
Para facer a infografía de temática cultural decidín escoller á artista Marina Abramovic, pois o feito de que sexa bastante controvertida limita moito o tipo de público ao que atrae e fai que o conxunto da sociedade non escoite falar tanto dela coma doutros artistas máis convencionais.
Ao estar relacionada cun campo tan creativo como é o mundo da arte, procurei facer unha infografía que resultase vistosa e que xogase co factor da interactividade. Os títulos superiores (nome e apodo da artista) están en tipografía Lemon, pois quería que resultasen máis chamativos.
En canto accedemos a ela podemos ver a idea principal: O nome da artista e en que consiste a súa obra. A continuación preséntase a súa carreira artística englobada en 4 grandes traballos, acompañados polo seu correspondente título (remarcado con negriña) e un texto que explica en que consisten.
Así mesmo, na parte inferior atoparemos 3 iconos:
- Unha galería con exemplos gráficos dalgunhas das obras máis relevantes de cada un destes 4 períodos.
- Un breve paso polos orixes da artista.
- Unha serie de curiosidades que axudan a coñecer e entender mellor tanto á artista como o seu traballo.
Bosquexo inicial
Fontes:
Marina Abramovic, Biografía, obra y exposiciones. Blog Alejandra de Argos. Recuperado de: http://www.alejandradeargos.com/index.php/es/completas/32-artistas/41444-marina-abramovic-biografia-obra-exposiciones
Marina Abramović. Página Web HIstoria Arte (HA!). Recuperado de:
https://historia-arte.com/artistas/marina-abramovic
Marina Abramovic, la artista cuya vida es su Arte. Página Web Katari Mag. Recuperado de:
https://katarimag.com/marina-abramovic/
Marina Abramović - 17 obras de arte. Página web WikiArt. Recuperado de:
https://www.wikiart.org/es/marina-abramovic

Comentarios
Entradiña, por que é a madriña... hai que situar o seu traballo nun conexto. Vexo que hai un anclaxe para a súa biografía, pero hai que dicir quen é e que fai e que sexa visible para poder situar o seu traballo.
Tamén habería que indicar anos de cada etapa ou de cada obra... É importante situar o traballo nunha etapa determinada.
Os números que representan exactamente? Non queda claro. Que quere dicir que conta coa performance máis extensa?
Por que en esas catro series ou etapas? Que hai en cada etapa de diferente?
Con que elementos traballa, como fai e como se reinterpreta...
É unha personaxe con moitas aristas, cotizada e que busca? chamar a atención, vender as súas obras e venderse a si mesma?
Respecto ao dos números: A infografía di que a súa carreira artística se engloba en 4 traballos e a continuación preséntanse eses 4 do máis antigo ao máis novo (1º 2º 3º 4º).
O por que desas etapas? Son as que ela mesma distingue. Explico en que consiste cada unha de xeito xeral ao comezo.
Explicar en concreto as etapas/elementos cos que traballa eu diría que neste caso é case imposible, pois é unha artista que non se repite, sigue a liña que especifiquei ao comezo da infografía, pero é completamente variada e impredicible, pode usar todo tipo de artiluxios ou non usar ningún, cada obra é única e precisaría dun análise específico (isto explicoo no anclaxe Galería). Tamén poño exemplos gráficos nese apartado, para que se poida ter unha idea de como son os seus traballos e ao mesmo tempo do variados que son. Respecto á interpretación: Ela quere que sexa é o público quen decida como quere interpretalas (esto está especificado no anclaxe de Curiosidades).