Infografía FEMINISMO. Diego Gómez García

Esta infografía relaciónase co tema do feminismo polo seguinte motivo: trata de describir e poñer en valor a figura da futbolista Teresa Abelleira, unha figura fundamental no panorama balompédico galego. Nun deporte históricamente de homes, Teresa representa a loita e o avance logrado polas mulleres. Esta pontevedresa converteuse en 2017 na primeira xogadora con licencia profesional nun club galego. En definitiva, unha pioneira no fútbol galego. 

Pódese consultar premendo neste enlace. 


Comentarios

Anónimo ha dicho que…
A infografía é un relato informativo no que se conxugan imaxes e texto, en principio, como base analóxica.
Non se di: presentación e análise de...
Título.
Lead: de quen imos falar. Teresa Abelleira
que fixo, cando o fixo, con quen fixo, como o fai, cal é a súa relevancia, a súa importancia, cal é a súa aportación...
Non sei si me explico.
Hai que crear unha estrutura narrativa e hai que responder, dependendo do asunto que se aborde, ás seis ws, aínda que soe a tópico: quen, que, cando, onde, como, por que e con que efectos. Non todas as interrogantes teñen resposta na infografía, vai depender do asunto elexido.