Infografía ECOLOXÍA. Diego Gómez García

Esta infografía, relacionada co tema da ecoloxía, define o movemento vegano e o seu modelo de alimentación. Ademais, explica os principais beneficios deste estilo de vida. 

Pódese consultar premendo neste enlace

Comentarios

Anónimo ha dicho que…
De acordo. Son aspectos que vostede non pode coñecer por que non tivemos oportunidade de falar sobre aspectos estruturais e de abordaxe dos infográficos.
Título. Curto. Chamativo. Potente. Enérxico. Un titular xornalistico que atraia a atención para a súa lectura. Un exemplo, un mal exemplo, alimentación ecolóxica, comendo verduras, alimentación vexetal, alimentación sen carnes...
Breve introdución/lead onde presentamos o asunto: que é o veganismo. Sen título intermedio. Definición do tema, xa non necesitamos poñer ese ladillo ou epígrafe...
Beneficios saudables. Desenvolve a relevancia e xoga coas iconas dos vexetais, pero vostede, non usando unha imaxe infográfica allea. Esa imaxe non é propia. Tal como aparece non se visualiza axeitadamente. Non funciona.
E poderíamos buscar algunhas cifras sobre número de persoas que en españa, por exemplo, se identifican como veganos. Ou poderíamos identificar as distintas corrientes, que as hai. Usando imaxes e iconas pero adaptando esas imaxes e iconas ao seu discurso.
Fontes (sempre hai que mencionar as fontes dos datos): El País, El Mundo e Slw food. (so se mencionan as marcas, aquí)
Autoría. O seu nome en pequeno debe aparecer.
Hai que revisar para que non haxa erratas, é importante. Usar unha fonte para os títulos e outra para o texto. E non usar o alineado xustificado por que moitas veces quedan espazos en branco entre palabas e visualmente non é un bo efecto.
Todas estes aspectos son cousas das que falabamos en clase, e das que falaba nos comentarios aos traballos das súas compañeiras/os.
Fixo o esforzo. Fixo un traballo rápido e é lóxico que aparezan pequenas cousas...